A Parroquia Proendos
A parroquia de Proendos, pertencente ao Concello de Sober, ten hoxe pouco menos de douscentos habitantes, unha parroquia asentada nunha pequena meseta a menos de cincocentos metros do nivel do mar, entre o val do Cabe e a ribeira do Sil.
Proendos, con gran sentido de comunidade, ofrece un museu ao aire libre con restos de todas as épocas.
Dende a igrexa con ábsida románica e pinturas renacentistas podemos camiñar entre petróglifos da Idade do Bronce, casonas do século XVIII e percorrer o perímetro do antigo asentamento romano, do cal se están a estudar e excavar varios elementos.
En Proendos podemos coñecer achádegos do Paleolítico Inferior até o singular Entroido de comezos do século XX.
A Libraría da Proencia aspira a ser un centro cultural de interpretación deste Patrimonio, mais tamén un espazo vivo ao servizo dunha comunidade con orgullo de seu que buscar novos camiños de futuro.