Actividades
Informaremos periodicamente nas nosas redes e blogue dos eventos culturais e feiras de artesanía que organicemos.
Dende 2021 comezamos xa con presentacións de libros e roteiros.
Vindeiros eventos (verán, 2023):
- sábado, 20 de maio, 2023: participación no mercadillo de primavera de Solpor Camperpark en Bolmente (casa parroquial do Pinal), de 11 a 19 horas.
- venres, 2 de xuño, 2023: presentación de La caja de Pandora, de José María Lago, no Casino Ateneo de Monforte.
- sábado, 24 de xuño, 2023: posto de venta no Festival O Son da Aldea, en Toldaos (Pantón), dende as 17:30 horas.
- venres, 7 de xullo, 2023: presentacións de literatura fantástica no marco do Fanzine de Lemos na Libraría Entre Libros de Monforte. 19 horas.
- sábado, 22 de xullo, 2023: posto da libraría no Festival de Improvisación Oral Brindadeira. Piñeiros, A Pobra do Brollón.
- xoves, 27 de xullo, 2023: participación no taller de La Plantación con Ramón Andrés, na Casa Grande de Rosende.
- sábado, 12 de agosto, 2023: posto na Feira da Rosca de Sober (mañá).
- do 23 ao 26 de agosto, 2023: Feira do Libro de Monforte de Lemos.
Subscríbete á nosa newsletter para ter toda a información!