Condicións Xerais

GAL

1. Natureza do contrato coa Libraría da Proencia.

A través deste portal web da tenda A LIBRARÍA DA PROENCIA a ou o cliente (entendéndose como tal calquera persoa física ou xurídica) poderá adquirir os diferentes produtos ofertados por A LIBRARÍA DA PROENCIA.

2. Rexistro como cliente.

É imprescindible rexistrarse na web como cliente para:

• Cambiar a clave de acceso á conta.

• Consultar o estado dos pedidos pendentes.

• Consultar ou modificar os datos persoais.

Non é necesario rexistrarse como cliente para:

• Mercar.

Para rexistrarse como cliente deberá cubrir o correspondente formulario de rexistro (“REGISTRO”), ao que se accede dende a parte superior dereita.

Para identificarse requírese enderezo electrónico e contrasinal, que pode recuperarse se se esquece, así como os seguintes datos persoais de obrigado cumprimento: nome e apelidos, dirección, teléfono móbil.

Poden modificarse os datos persoais ou cambiar o contrasinal. Ao realizar un pedido como persoa usuaria rexistrada teranse en conta para ese pedido os datos que tivese rexistrados nese momento.

Se o prefire, tamén pode dirixirse a A LIBRARÍA DA PROENCIA, mediante correo-e ou vía telefónica, para encargar ou realizar un pedido, no horario comercial indicado.

3. Como mercar.

Para mercar non é imprescindible ter rexistro de cliente. Dende a páxina descritiva do produto, despois de pulsar o botón “COMPRAR”, accédese á cesta da compra con toda a información sobre as opcións de envío e pagamento. Unha vez formalizada a compra, os seus datos de rexistro serán os tidos en conta para a formalización da compra, da que se xerará un documento electrónico que será arquivado pola LIBRARÍA DA PROENCIA, non sendo este accesible, aínda que si poderá acceder ao estado do seu pedido. Calquera erro na introdución dos seus datos deberá ser emendado antes da formalización da compra. Se se detectan inmediatamente despois de formalizala, deberá poñerse en contacto inmediato coa LIBRARÍA DA PROENCIA para comunicar esta incidencia.

Indícase en cada artigo en que prazo de tempo os podemos servir.

Os prezos indicados na nosa web teñen incluído o IVE (Imposto sobre o Valor Engadido).

Nos pedidos realizados desde países non pertencentes á Comunidade Europea hai que deducir do importe total do pedido, en libros o 4% e noutros produtos o 21% correspondente ao Imposto sobre o Valor Engadido (IVE).

De momento, non temos dispoñible máis que a opción envíos á Península.

4. Notificación de recibo

Unha vez formalizada a compra, recibirá unha notificación de recibo por correo electrónico onde se especifican os datos da compra.

5. Forma de pagamento

Poderá elixir a forma de pagamento entre as diferentes opcións que se lle indican no proceso de compra. Para iso deberá acceder á “CESTA DE LA COMPRA” e, logo de elixir o xeito de envío ou recollida, elixir no menú cal das diferentes formas de pagamento é a que desexa: transferencia, tarxeta (TPV virtual) ou pago contrareembolso no caso de escoller envío mediante Correos.
O pagamento mediante TPV virtual realízase a través de Abanca mediante cartón de crédito ou débito.
A confidencialidade na transferencia de datos na Rede está garantida mediante o protocolo de seguridade, SSL (Secure Sockets Layer).
No caso de recollida en tenda, hai que escoller pagamento mediante transferencia e logo pódese optar por pago directamente ao recoller (mantemos contacto antes de procesar o pedido).

6. Datos de facturación e envío

Por defecto os datos de envío e facturación son os que constan na ficha de rexistro da ou do cliente. Os datos de facturación só será necesario introducilos se son distintos dos de envío.

7. Envíos

No caso dos envíos, o importe dos gastos de envío sumarase ao prezo total do pedido. Se se trata dun pedido de varios produtos, procuraremos agrupalos nun só envío, sempre que sexa posible e que isto non demore en exceso a entrega.

Poderá haber promocións con envíos gratuítos a partir de determinadas cantidades, que se indicarán tanto na páxina como ao final do proceso de compra.

O custo definitivo do envío facilítase ao cliente no proceso de compra, visible na parte dereita da páxina, e sempre o pode comprobar antes de confirmar a súa compra. Este importe inclúe o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) aplicable.

En envíos a países non comunitarios A LIBRARÍA DA PROENCIA non se fará cargo en ningún caso do pagamento de impostos, aranceis aduaneiros ou outros cargos. De momento, só está dispoñible a opción envío á Península.

8. Recollidas

É posible recoller o pedido en Proendos ou Sober, concertando horario e lugar de recollida, sempre que se recibise confirmación de que está dispoñible.

9. Entrega do pedido e a factura.

A LIBRARÍA DA PROENCIA fará entrega da correspondente factura ao ou á cliente no momento de entrega do pedido. Para envíos dentro do Estado - de momento, só dispoñible "Península" -, o envío do pedido realizarase dentro dos 7 días hábiles dende a formalización da compra. O cargo á tarxeta de crédito farase no momento do envío. A LiBRARÍA DA PROENCIA asume as comisións bancarias motivadas polo uso de tarxeta de crédito.

10. Seguridade e confidencialidade

As transmisións de todos os datos persoais realízanse a través de SSL (Secure Socket Layer), un sistema que garante a confidencialidade dos datos enviados. Os datos persoais que se solicitan son sempre os estritamente necesarios. A LIBRARÍA DA PROENCIA comprométese a non darlles outro uso que o acordado e a non cedelos nin vendelos a terceiros baixo ningún concepto. Estes datos quedan almacenados na base de datos da LIBRARÍA DA PROENCIA. O ou á cliente pode en calquera momento acceder a eles, dende a mesma web, para modificalos.

11. Cancelacións e desistencia

Os pedidos pódense cancelar sen custo algún antes de que o envío se faga efectivo. Se se recibe aviso de cancelación unha vez o paquete estea enviado, considerarase unha devolución.

Se decide exercer o seu dereito de desistencia, deberá cumprimentar o correspondente formulario de desistencia, indicando en número de pedido, e remitindo o produto polo mesmo conduto que o recibiu e en perfecto estado de conservación. As devolucións poden facerse ata 7 días hábiles dende a recepción do produto, sempre e cando estes non fosen abertos nin usados e conserven –no seu caso- o precinto ou embalaxe orixinal.

No caso de se producir a devolución, os gastos de envío corren a cargo da ou do cliente. Naturalmente, quedan excluídas deste suposto aquelas devolucións que se deriven dun erro da LIBRARÍA DA PROENCIA ou dalgún defecto do produto servido. Nese caso, A LIBRARÍA DA PROENCIA comprométese a cambiar o produto defectuoso por outro e farase cargo dos gastos de devolución e de envío. Se non se puidese facer o cambio, reintegrarase o importe.

12. Xurisdición Aplicable

No suposto de que xurda calquera conflito ou discrepancia na interpretación ou aplicación das presentes condicións contratuais, os Xulgados e Tribunais que, no seu caso, coñecerán do asunto, serán os que dispoña a normativa legal aplicable en materia de xurisdición competente, na que se atende, tratándose de consumidores finais, ao lugar do cumprimento da obriga ou ao do domicilio da parte compradora.

Todo iso sen prexuízo da facultade do ou da Cliente de acudir á Xunta Arbitral de Consumo da súa demarcación.

No caso de que se trate dunha compravenda realizada por unha empresa, ambas as dúas partes sométense, con renuncia expresa a calquera outro foro, aos Xulgados e Tribunais de Lugo (España).

CAST

1. Naturaleza del contrato con A Libraría da Proencia.

A través de este portal web de la tienda A LIBRERÍA DA PROENCIA la o el cliente (entendiéndose cómo tal cualquier persona física o jurídica) podrá adquirir los diferentes productos ofertados por A LIBRERÍA DA PROENCIA.

2. Registro como cliente.

Es imprescindible registrarse en la web como cliente para:

* Cambiar la clave de acceso a la cuenta.

* Consultar el estado de los pedidos pendientes.

* Consultar o modificar los datos personales.

No es necesario registrarse como cliente para:

* Comprar.

Para registrarse como cliente deberá cubrir el correspondiente formulario de registro (REXISTRO), a lo que se accede desde la parte superior derecha.

Para identificarse se requiere dirección electrónica y contraseña, que puede recuperarse si se olvida, así como los siguientes datos personales de obligado cumplimiento: nombre y apellidos, dirección, teléfono móvil.

Pueden modificarse los datos personales o cambiar la contraseña. Al realizar un pedido como persona usuaria registrada se tendrán en cuenta para ese pedido los datos que tuviera registrados en ese momento.

Si lo prefiere, también puede dirigirse a A LIBRARÍA DA PROENCIA, mediante correo-e o vía telefónica, para encargar o realizar un pedido, en el horario comercial indicado.

3. Como comprar.

Para comprar no es imprescindible tener registro de cliente. Desde la página descriptiva del producto, después de pulsar el botón COMPRAR, se accede a la cesta de la compra con toda la información sobre las opciones de envío y pago. Una vez formalizada la compra, sus datos de registro serán los tenidos en cuenta para la formalización de la compra, de la que se generará un documento electrónico que será archivado por A LIBRARÍA DA PROENCIA, no siendo este accesible, aunque sí podrá acceder al estado de su pedido. Cualquier error en la introducción de sus datos deberá ser emendado antes de la formalización de la compra. Si se detectan inmediatamente después de formalizarla, deberá ponerse en contacto inmediato con A LIBRARÍA DA PROENCIA para comunicar este incidente.

Se indica en cada artículo en que plazo de tiempo lo podemos servir.

Los precios indicados en nuestra web han incluido el IVA (Impuesto sobre el Valor Añadido).

En los pedidos realizados desde países no pertenecientes a la Comunidad Europea hay que deducir del importe total del pedido, en libros el 4% y en otros productos el 21% correspondiente al Impuesto sobre el Valor Añadido (IVA).

De momento, no tenemos disponible más que la opción envíos a la Península.

4. Notificación de recibo

Una vez formalizada la compra, recibirá una notificación de recibo por correo electrónico donde se especifican los datos de la compra.

5. Forma de pago

Podrá elegir la forma de pago entre las diferentes opciones que se le indican en el proceso de compra. Para eso deberá acceder a la CESTA DE LA COMPRA y, después de elegir la manera de envío o recogida, elegir en el menú cual de las diferentes formas de pago es la que desea: transferencia, tarjeta (TPV virtual) o pagado contrareembolso en el caso de escoger envío mediante Correos.
El pago mediante TPV virtual se realiza a través de Abanca mediante tarjeta de crédito o débito.
La confidencialidad en la transferencia de datos en la Red está garantizada mediante el protocolo de seguridad, SSL (Secure Sockets Layer).
En el caso de recogida en tienda, hay que escoger pago mediante transferencia y luego se puede optar por pago directamente al recoger (mantenemos contacto antes de procesar el pedido).

6. Datos de facturación y envío

Por defecto los datos de envío y facturación son los que constan en la ficha de registro de la o del cliente. Los datos de facturación sólo será necesario introducirlos si son distintos de los de envío.

7. Envíos

En el caso de los envíos, el importe de los gastos de envío se sumará al precio total del pedido. Si se trata de un pedido de varios productos, procuraremos agruparlos en un solo envío, siempre que sea posible y que esto no demore en exceso la entrega.

Podrá haber promociones con envíos gratuitos a partir de determinadas cantidades, que se indicarán tanto en la página como al final del proceso de compra.

El costo definitivo del envío se facilita al cliente en el proceso de compra, visible en la parte derecha de la página, y siempre lo puede comprobar antes de confirmar su compra. Este importe incluye el Impuesto sobre el Valor Añadido (IVA) aplicable.

En envíos a países no comunitarios La LIBRERÍA DE La PROENCIA no se hará cargo en ningún caso del pago de impuestos, aranceles aduaneros u otros cargos. De momento, sólo está disponible a opción envío a la Península.

8. Recogidas

Es posible recoger el pedido en Proendos o Sober, concertando horario y lugar de recogida, siempre que se recibiera confirmación de que está disponible.

9. Entrega del pedido y la factura.

A LIBRARÍA DA PROENCIA hará entrega de la correspondiente factura al o a la cliente en el momento de entrega del pedido. Para envíos dentro del Estado - de momento, sólo disponible "Península" -, el envío del pedido se realizará dentro de los 7 días hábiles desde la formalización de la compra. El cargo a la tarjeta de crédito se hará en el momento del envío. A LIBRARÍA DA PROENCIA asume las comisiones bancarias motivadas por el uso de tarjeta de crédito.

10. Seguridad y confidencialidad

Las transmisiones de todos los datos personales se realizan a través de SSL (Secure Socket Layer), un sistema que garantiza la confidencialidad de los datos enviados. Los datos personales que se solicitan son siempre los estrictamente necesarios. A LIBRARÍA DA PROENCIA se compromete a no darles otro uso que lo acordado y la no cederlos ni venderlos a terceros bajo ningún concepto. Estos datos quedan almacenados en la base de datos de A LIBRARÍA DA PROENCIA. El o la cliente puede en cualquier momento acceder a ellos, desde la misma web, para modificarlos.

11. Cancelaciones y desestimiento

Los pedidos se pueden cancelar sin costo alguno antes de que el envío se haga efectivo. Si se recibe aviso de cancelación una vez el paquete esté enviado, se considerará una devolución.

Si decide ejercer su derecho de desestimiento, deberá cumplimentar el correspondiente formulario de desistimiento, indicando en número de pedido, y remitiendo el producto por el mismo conducto que lo recibió y en perfecto estado de conservación. Las devoluciones pueden hacerse hasta 7 días hábiles desde la recepción del producto, siempre y cuando estos no fueran abiertos ni usados y conserven, en su caso, el precinto o embalaje original.

En el caso de producirse la devolución, los gastos de envío corren a cargo de la o del cliente. Naturalmente, quedan excluidas de este supuesto aquellas devoluciones que se deriven de un error de A LIBRARÍA DA PROENCIA o de algún defecto del producto servido. En cuyo caso,  A LIBRARÍA DA PROENCIA se compromete a cambiar el producto defectuoso por otro y se hará cargo de los gastos de devolución y de envío. Si no se pudiera hacer el cambio, se reintegrará el importe.

12. Jurisdicción Aplicable

En el supuesto de que surja cualquier conflicto o discrepancia en la interpretación o aplicación de las presentes condiciones contratuales, los Juzgados y Tribunales que, en su caso, conocerán del asunto, serán los que disponga la normativa legal aplicable en materia de jurisdicción competente, en la que se atiende, tratándose de consumidores finales, al lugar del cumplimiento del deber o al del domicilio de la parte compradora.

Todo eso sin perjuicio de la facultad del o de la Cliente de acudir a la Junta Arbitral de Consumo de su demarcación.

En caso de que se trate de una compraventa realizada por una empresa, ambas partes se someten, con renuncia expresa a cualquiera otro foro, a los Juzgados y Tribunales de Lugo (España).