LIBROS DE SOBER


A Libraría da Proencia Observacións sobre o cultivo da vide na Galiza
CASARES, ANTONIO
Ed./Marca: A Libraría da Proencia
Estado: | Novo |
Descrición: | Rústica con lapelas |
Xénero | Reedición orixinal 1843 |
Páxinas: | 71 |
Editorial: | A Libraría da Proencia |
Ano edición: | 2022 |
Idioma: | Galego |
Depósito Legal: | LU-98 - 2022 |
Sinopse
Reedición traducida ao galego do libro Observaciones sobre el cultivo de la vid en Galicia, de Antonio Casares Rodríguez, do ano 1843.
Esta edición en galego é tradución de Xesús Verao Pérez, profesor xubilado de Lingua Galega e viticultor, e conta cunha introdución de Mª Luisa Losada Sanmartín, historiadora da ciencia, colaboradora do Grupo de Física No Lineal da USC.
Inclúese no libro o discurso que Antonio Casares dá no Congreso Agrícola y de Pesca en 1886, publicado en 1887 na Revista de la Sociedad Económica de los Amigos del País de Santiago.
O libro foi promovido por un grupo do Colado do Vento, motivado pola "veciñanza das súas orixes familiares, mais tamén e sobre todo a enorme contribución que fixo á ciencia nos máis diversos campos do saber e a experimentación. Nomeadamente, no relativo á viticultura, o presente libro é a primeira catalogación de vides da nosa comunidade, feita con criterios ampelográficos, chamando a atención o rigor das súas análises económicas e técnicas e a honestidade da explicación dos resultados".
Ademais da contribición imprescindible de Xesús Verao e de María Luisa Losada, este libro non vería a luz sen a organización e promoción de Alfonso Campos, a edición de José María Lago e as ilustracións e apoio de Javier Vivirido.
Inclúe na cuberta e contra unha fotografía dun retablo do século XVIII da igrexa de San Vicente de Pinol (Sober) no que se representa a uva Albarello (oficialmente Brancellao), "a máis abundante na Galiza" na época que escribe Antonio Casares.
Para distrución a librarías e institucións públicas, contactar en pedidos@proencialibros.com