LIBROS DE SOBER, RIBEIRA SACRA

Santuario da Nosa Señora de Cadeiras

A Libraría da Proencia Santuario da Nosa Señora de Cadeiras

LAGO BORNSTEIN, JOSÉ MARÍA (Coord.)

Ed./Marca: A Libraría da Proencia


Estado: Novo
Descrición: Rústica con lapelas
Xénero: Ensaio
Páxinas: 128
Editorial: A Libraría da Proencia
Ano edición: 2023
Idioma: Galego - Castelán
ISBN: 978-84-127400-0-4

Sinopse

O Santuario da Nosa Señora de Cadeiras, nas inmediacións da conca ribeirá do Sil, ao sul do Concello de Sober (Lugo), é un claro exemplo dos santuarios marianos que, por iniciativa do fervor popular, se edificaron na contorna da Ribeira Sacra ao longo do século XVIII.

Polo xeral, estes templos erixíronse nas zonas altas do territorio, afastados dos núcleos urbanos, e todos eles teñen en común radicarse en lugares onde a tradición popular sitúa unha aparición milagreira da Virxe María. No caso do Santuario de Cadeiras, este fervor piadoso remóntase, segundo a tradición, aos tempos da invasión sarracena.

Os traballos que se recollen neste libro pretenden achegar un meirande coñecemento da realidade histórica, artística e etnográfica do Santuario de Cadeiras. Para elo, José María Lago analiza, en primeiro lugar, as fontes históricas do santuario, contextualizando o seu proceso de xestación; Saleta López Vázquez achéganos as claves arquitectónicas do edificio, así como a análise artística dos seus retablos; Alfonso Campos recolle, por boca da propia veciñanza, a tradición popular en forma de lendas e, finalmente, don Ramón Piñeiro, cura que na actualidade está ao cargo do santuario, aborda a dimensión transcendente desta devoción popular e convídanos a reflexionar sobre a vixencia deste tipo de templos.

O libro péchase cun apéndice no que se recollen diferentes textos sobre Cadeiras, saídos da pluma de autores como Manuel María, Lois Diéguez, Paco Ledo, Luís Fernández Guitián ou Xosé Lois García.
¡Oferta! Nuevo Semi-nuevo

Plazo de Envío: Listo para enviar en 2 días

15,00 € IVA incluido