Acantilado El mundo de ayer Memorias de un europeo

ZWEIG, STEFAN

Ed./Marca: Acantilado


Estado: Novo
Descrición: Rústica con lapelas
Xénero: Memorias
Páxinas: 552
Dimensións: 13x21
Editorial: Acantilado
Ano edición: 2001 (29ª reimpresión)
Lugar de edición: Barcelona
Idioma: Castelán
ISBN: 978-84-95359-49-0

Sinopse

El mundo de ayer Memorias de un europeo (Acantilado, 2001), de Stefan Zweig, é unha monumental obra biográfica que se convirte no testemuño do discorrer de Europa até a Segunda Guerra Mundial.

Zweig, consciente da súa posición burguesa, analiza a caída do «vello mundo liberal» – no que, con todo, non deixaba de observar inxustizas para as clases populares – e o ascenso dos totalitarismos.

Son particularmente interesantes as partes que relatan os acontecementos previos ás dúas grandes guerras, o ambiente que levou ao desastre, pois Zweig sempre foi un observador crítico co belicismo e teimou no establecemento dunha entente plurinacional de escritores – dende Rusia ao Reino Unido -, cunha aposta decidida pola paz e o establecemento dun destino común europeo.

Escritor de éxito, un dos meirandes de todos os tempos, escribe esta obra dende o exilio brasileiro pouco antes de rematar coa súa vida, é escepcional a súa visión aguda sobre os cambios sociais que van sucedendo an Europa da primeira metade do século XX.
¡Oferta! Nuevo Semi-nuevo

Plazo de Envío: Listo para enviar en 4 días

27,00 € IVA incluido