Alvarellos Irmás: oito diálogos contra a desmemoria
VARIAS
Ed./Marca: Alvarellos
Estado: | Novo |
Descrición: | Rústica con lapelas |
Xénero: | Varios |
Páxinas: | 65 |
Editorial: | Alvarellos |
Idioma: | Galego |
ISBN: | 978-84-18567-39-1
978–84-19525–03‑1
|
Sinopse
Oito escritoras actuais renden homenaxe a algunhas das mulleres máis destacadas na Galiza do período de 1916-1936. Mulleres que, desde logo, non correron a mesma sorte que os seus contemporáneos, homes, que si ficaron nas páxinas da nosa Historia formando parte das Irmandades da Fala.
A través de poemas, relatos ou ilustracións, en Irmás. Oito diálogos contra a desmemoria conflúe a mirada de oito mulleres do pasado e oito do presente.
Este volume xorde a partir do «Proxecto Irmás», impulsado por Culturalia GZ, a entidade que comanda o escritor e activista cultural Martiño Maseda e a presente publicación está coordinada pola tamén escritora, e docente, Beatriz Dourado.
As Irmás reivindicadas son: Amalia Álvarez, Olimpia Valencia, María Luz Morales, María Miramontes, Elvira Bao, Jacinta Landa, Amparo López Jean e Teruca Bouza.
Sobre elas, escriben:
Eilún Del Pazo Moa, Beatriz Dourado, Cecilia F. Santomé, Míriam Ferradáns, Rochi Nóvoa Vázquez, Patricia Torrado Queiruga, Lupe Bao, Tamara Andrés.
O volume inclúe imaxes e unha biografía de cada unha das mulleres reivindicadas.
A capa está ilustrada por Adolfina Mes