Blackie Books Brillo
LEILANI, RAVEN
Ed./Marca: Blackie Books
Estado: | Novo |
Descrición: | Tapa dura |
Xénero: | Novela |
Páxinas: | 237 |
Dimensións: | 14x21 |
Editorial: | Blackie Books |
Ano edición: | 2022 |
Lugar de edición: | Barcelona |
Idioma: | Castellano |
ISBN: | 978-84-18733-87-1 |
Sinopse
Brillo protagonízao unha moza pobre, negra, neoyorkina, sen familia directa xa, que sobrevive en traballos precarios e apartamentos cutres para seguir pagando o seu préstamo de estudos, tratando de desenvolver unha carreira artística.
En primeira persoa, cóntanos a súa relación cun home de clase acomodada, casado, que coñece pola Rede, acabando enredada nunha relación con toda a súa familia, entre as quedadas en hoteis e as carreiras en bicibleta repartindo pedidos para unha APP.
O amor, o racismo, o contraste xeracional, a tenrura, o sexo desinhibido, a precariedade e o contraste entre os barrios pobres da cidade e as residencias ben das aforas, as ETS, os embarazos non desexados e o abismo de perder o seguro médico.
Un estilo directo que nos empapa nos Estados Unidos da mocidade actual.