Chan da Pólvora Neve
MONDELO, BRENDA
Ed./Marca: Chan da Pólvora
Estado: | Novo |
Descrición: | Rústica con lapelas |
Xénero | Poesía |
Editorial: | Chan da pólvora |
Ano edición: | 2023 |
Idioma: | Galego |
ISBN: | 978-84-125905-8-6 |
Sinopse
Como cada ano, Chan da Pólvora e o Concello de Dodro celebraron conxuntamente o Día das Letras Galegas e fixérono arredor de Neve, de Brenda Mondelo, o volume gañador do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón. A editora publica desde hai varios anos o libro recoñecido no certame, que chega ás librarías nun esforzo común co propio Concello de Dodro e coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Neve parte dun feito histórico para construír un singular exercicio literario sobre a memoria pero tamén sobre o compromiso.
O luns tres de abril de 1917 chegaba á Estación de Finlandia –na actual San Petesburgo– o “tren que cambiou o mundo”, como se denominaría logo. Nel regresaban do exilio Vladimir Ilich Uliánov, máis coñecido como Lenin, e Nadezhda Krúpskaya, a súa compañeira, impulsora do sistema pedagóxico soviético e dunha decisiva rede de bibliotecas. A partir da figura desta muller –con frecuencia esquecida á sombra de Lenin– Brenda Mondelo reconstrúe aquela viaxe. Faino alancando por riba da crónica histórica nun proxecto literario orixinal e inédito que se nutre de continuos saltos temporais e xeográficos. A autora non só lle rende homenaxe a Krúpskaya –unha personalidade política e humana pola que sinte grande admiración– senón tamén ás xentes do seu Ancares natal, ao seu avó –que cunpriu cen anos o día no que acabou o poemario– ou a todas as persoas que desde nena a fixeron ter conciencia de clase. Estamos ante libro de poderosas emocións que ten por tras do espello, nos ollos, un prado nevado.
Brenda Mondelo (O Seixo, Pedrafita do Cebreiro, 1994) deuse a coñecer en 2022 coa publicación de O espello de Celia, un libro que lle valeu o Premio Xoán Díaz e no que conversaba cunha das últimas habitantes da súa aldea natal, falecida no 2017. Graduada en Periodismo e Ciencias Políticas, gañou entre outros galardóns o (Re)inevntando Xela Arias, de 2021. En todos os anos que pasou fóra da súa aldea, asegura, tivo sempre a necesidade de escribir sobre as persoas que poboaron un mundo que nalgúns momentos creu perder pero que logra recuperar a través da poesía