Editorial Barrett Panza de burro

ABREU, ANDREA

Ed./Marca: Editorial Barrett


Estado: Novo
Descrición: Rústica
Xénero: Novela
Páxinas: 176
Dimensións: 14x21
Editorial: Barrett
Ano edición: 2020
Lugar de edición: -
Idioma: Castellano
ISBN: 978-84-121353-3-6 

Sinopse

Panza de burro atrapa dende a primeira liña.

Linguaxe e ambiente canario nun relato sobre a infancia e o descubrimento.

Unha novela que non se parece a ningunha outra.

É brutal, desgarradora, brillante e, ao tempo, fresquísima. 

Andrea Abreu ofrece con Panza de Burro a súa primeira novela, que se converteu nun fenómeno editorial sen apoio de grandes grupos editoriais nin mediáticos. Co título refírese a un fenómeno meteorolóxico canario, nubes baixas, que ten un papel omnipresente na obra. Estamos ante unha historia narrada en primeira persoa por unha nena de dez anos a mediados da década dos 2000 nun lugar do norte de Tenerife, co "vulcán" sempre á espreita. Ela cóntanos o seu verán xunto a súa amiga Isora, nun escenario marcado pola ausencia de pai e nai - nun caso porque morreron, no outro por que traballan todo o día no sur do turismo e da "construsión" -, o anhelo de visitar a praia e o descubrimento do mundo adulto coas súas miserias. Fala a nena canaria de familia proletaria e fala coas expresións e referencias dunha nena que aproveita o local social para chatear polo "mésinye", que anda coa amiga polo barrio e falan de "estregarse" todo o día.

Entrevista en Pikara: https://www.pikaramagazine.com/2021/05/el-mundo-adulto-limita-la-naturalidad-de-las-ninas-al-restregarse-contra-los-cojines/

¡Oferta! Nuevo Semi-nuevo

Plazo de Envío: Listo para enviar en 2 días

17,90 € IVA incluido