

Editorial Galaxia A vida secreta de Úrsula Bas
PORTABALES, ARANTZA
Ed./Marca: Editorial Galaxia
Estado: | Novo |
Descrición: | Tapa branda con lapelas |
Xénero: | Novela |
Páxinas: | 452 |
Dimensións: | 13,5x21 |
Editorial: | Galaxia |
Ano edición: | 2021 |
Lugar de edición: | Galicia |
Idioma: | Galego |
ISBN: | 978-84-9151-623-1 |
Sinopse
"Dun día para outro, e sen que se saiba o motivo, desaparece unha escritora de sona. O seu home pon unha denuncia na comisaría de Compostela á que, logo dunha baixa prolongada, se acaba de reincorporar Santi Abad. Tras a resolución do “caso Alén”, o asasinato que pouco máis dun ano antes fixera abalar os alicerces do mundo da arte e da sociedade galega, o inspector Abad e Ana Barroso, ascendida a subinspectora, volven formar equipo. Logo do suceso obtido con Beleza vermella, Arantza Portabales pon outra vez en liza a problemática e inestable parella de policías. Amor e eficacia, intelixencia e desconfianza,
paixón e violencia.
Cunha trama de ritmo e acción fulgurantes, A vida secreta de Úrsula
Bas penetra, camada a camada, sen dó e cunha potencia narrativa engaioladora, na dobre vida dunha muller que se deixa arrastrar pola forza subxugante do descoñecido, pola atracción e misterio dun ser verdadeiramente perverso."
Collida da Editorial Galaxia. Na trama, a Proencia ten un papel.
Dispoñible en breve. Reserva en pedidos@proencialibros.com