![]( https://cdn3.mycorreosecommerce.com/uploads/comandia_proencialibros/t/tira-novedad.png)
![As malas mulleres](https://cdn-correosecommerce.ams3.cdn.digitaloceanspaces.com/prod-new/uploads/comandia_proencialibros/1/product/190-i0puriyp-editorial-galaxia-as-malas-mulleres-1.jpg)
Editorial Galaxia As malas mulleres
ALEIXANDRE, MARILAR
Ed./Marca: Editorial Galaxia
Estado: | Novo |
Descrición: | Rústica con lapelas |
Xénero: | Novela |
Páxinas: | 248 |
Dimensións: | 13,5x21 |
Editorial: | Editorial Galaxia |
Ano edición: | 2021 |
Idioma: | Galego |
ISBN: | 978-84-9151-597-5 |
Sinopse
As malas mulleres, de Marilar Aleixandre, colócanos de cheo na Coruña do 1863-65, con gran mestría na creación do ambiente histórico e social, prestando especial atención á situación das mulleres pobres.
As protagonistas entrecruzan os seus destinos sendo de mundos opostos, creando a(s) historia(s) a través das diversas voces, que coinciden na vivencia da discriminación por seren mulleres e nas ansias de transcender o seu destino. Sisca, a rapaza protagonista, traballadora dende ben nena, é encarcerada na Galera por leis inxustas e busca na lectura e o saber un futuro mellor.
É unha obra emocionalmente intensa e ben trabada que reivindica a memoria das mulleres que construíron o noso País, as anónimas sometidas a duros traballos e vulnerabilidade dende a infancia, as encarceradas por leis inxustas, e tamén as pioneiras na emancipación como Juanda de Vega e Concepción Arenal.
Unha novela que, sen escatimar dureza na temática, lévanos dende as tebras do cárcere á esperanza no porvir.