Euseino? Diario de dúas casas

VILLAMARÍN, MARÍA

Ed./Marca: Euseino?


Estado: Novo
Descrición: Rústica
Xénero: Diario
Páxinas: 130
Dimensións: 18,5 x 13,5
Editorial: Euseino?
Ano edición: 2023
Lugar de edición: Vigo
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-127031-0-8

Sinopse

A protagonista de Diario de dúas casas experimenta un desprazamento dobre. A distancia entre a cidade na que vive e estuda e a aldea onde naceu —e onde está a súa casa familiar— convértese nun camiño de ida e volta. O seu tránsito frecuente é tamén un movemento interior, atravesado e unido pola escri­tura de cadernos. Neles agroma unha sorte de desconcerto, a colisión entre dous mundos e dúas formas de vida, as fisuras e as tensións das relacións familiares, a amizade como nova forma de pertenza e, finalmente, a lectura como acubillo escollido, como casa propia.

María Villamarín configura nestas páxinas unha obra narrativa singular e única, a fundación dunha escritura xenuína e evocadora, cristalina e profunda, onde casa e caderno poden ser a mesma cousa, tan real e tan presente para quen escribe como para quen le.

¡Oferta! Nuevo Semi-nuevo
18,00 € IVA incluido
¡Se acaban de llevar el último!

¡Pero llámanos y te lo buscamos!