Fígulus Xarro 300 ml

OLARÍA

Ed./Marca: Fígulus


Xarro.
300 ml aprox.

Peza artesanal de olaría tradicional de Gundivós, elaborada a man polo taller "Figulus", de Otilia e Tomás, "oleiros da Ribeira Sacra", en Corvelle, na parroquia de Proendos.

Esta forma tradicional, con "bico" e "bigotes" úsase aínda para servir o viño. Neste caso, é unha peza de pequenas dimensións, decorativa, exemplo desta forma tradicional, pero perfectamente válida para o seu uso.

O interior empégase con pez (resina de piñeiro), aplicándoa namentres se afuma con lume de carpazas, adquirindo nese proceso o color negro, que non é do tipo de cocción.

Peza única dunha das cerámicas con métodos de elaboración máis antigos: realizada en torno baixo accionado de xeito manual.


¡Oferta! Nuevo Semi-nuevo

Plazo de Envío: En stock

10,00 € IVA incluido