

Libros del Asteroide Valle inquietante
WIENER, ANNA
Ed./Marca: Libros del Asteroide
Estado: | Novo |
Descrición: | Rústica con lapelas |
Xénero: | Crónica |
Páxinas: | 313 |
Editorial: | Libros del Asteroide |
Ano edición: | 2021 |
Lugar de edición: | Barcelona |
Idioma: | Castellano |
ISBN: | 978-84-17977-61-0 |
Sinopse
Valle inquietante, publicado en castelán por Libros del Asteroide, foi considerado libro do ano (2021) en varias listas internacionais.
Son unha especie de memorias dunha extraballadora de startuops de Sillicon Valley que se muda de New York a San Francisco, dun traballo no mundo editorial, propio da súa formación, a intentar saír da precariedade no sector das empresas tecnolóxicas en 2013.
Anna Wiener, con gran lucidez, trasládanos o ambiente dun mundo construído por chavales de vintepoucos obsosionados por facerse millonarios – e por, sendo xa millonarios, seguir medrando -.
O machismo patente en toda a estrutura do “ecosistema” - como pomposamente se autodefine -, o proceso de degradación urbana provocado polas plataformas de alugueiro de cuartos ou de viaxes en coche, o turbocapitalismo co capital risco e as burbullas tecnolóxicas, a pulverización dos límites entre vida persoal e traballo, a xestión dos metadatos da cidadanía e o seu uso comercial e gubernamental. E, de fonto, o ascenso de Donald Trump.
Un libro que atrapa coma unha novela e obriga á reflexión sobre o que hai detrás das aplicacións que condicionan gran parte da nosa vida cotiá.