

Matriarcas Un cesto de mazás
FAJARDO, MONTSE
Ed./Marca: Matriarcas
Estado: | Novo |
Descrición: | Rústica con lapelas |
Xénero: | Narrativa |
Páxinas: | 256 |
Editorial: | Matriarcas |
Ano edición: | 2015 |
Lugar de edición: | Vilagarcía de Arousa |
Idioma: | Galego |
ISBN: | 9788460812746 |
Sinopse
Relatos de historias de represión, que inclúe un sobre María Vázquez Suárez, mestra de Miño, natural de Vilaescura, en Sober.
"Este libro fala de persoas detidas , fusiladas , asasinadas en cunetas , agochadas durante anos en tobos de cortes ou ocos de cociña , humilladas . Fala de foxas , batallóns , depuración , cárcere e exilio . Das vítimas evidentes pero tamén das outras . Das nais que pasean de noite na procura da Santa Compaña para ver unha vez máis o fillo fusilado . Das que perseguen a morte nas entrañas dos pozos para reencontrarse con el . Das nenas que miran pola ventá unha escola na que non teñen cabida as irmás dos rojos . Das obrigadas a bordar panos para recoller as bágoas que aínda lles quedan por verter . Das viúvas que trasladan o cadaleito a soas . Dos orfos que marcan co pau da luz as foxas sen nome."