Rodolfo e Priscila A poesía como arte insurxente

FERLINGHETTI, LAWRENCE

Ed./Marca: Rodolfo e Priscila


Estado: Novo
Descrición: Rústica con lapelas
Xénero: Poesía
Páxinas: 74
Editorial: Rodolgo e Priscila
Ano edición: 2021
Lugar de edición: Santiago
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-124562-0-2

Sinopse

A poesía como arte insurxente é o depósito de aforismos co que Lawrence Ferlinghetti (Nova York, 1919) intenta comprender a poesía e, por extensión, a vida. É o manual de instrucións, a caixa de ferramentas, dun poeta moderno. 

Poeta, dramaturgo e novelista, libreiro e editor, xornalista e tamén pintor, Lawrence Ferlinghetti é autor, entre outros traballos, de Pictures of de Gone World (1955) e de A Coney Island of the Mind (1958), ata este ano o título de poesía máis vendido por calquera poeta americano vivo. Permaneceu activo ata o final da súa vida nas súas diferentes facetas e dicía que un escritor non se xubila ata que non pode soster na man o bolígrafo.

A poesía como arte insurxente foi publicado por primeira vez en 2007 e chega agora ao galego na tradución de Daniel Salgado. 

Ilustración de cuberta, deseño e maquetación de Roi Fernández

¡Oferta! Nuevo Semi-nuevo

Plazo de Envío: Listo para enviar en 2 días

15,00 € IVA incluido