

Belagua Alejandro Viana Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos
MERA COVAS, ROBERTO
Ed./Marca: Belagua
Estado: | Novo |
Descrición: | Rústica con lapelas |
Xénero: | Ensaio |
Páxinas: | 258 |
Editorial: | Belagua |
Ano edición: | 2021 |
Lugar de edición: | Vigo |
Idioma: | Galego |
ISBN: | 978-84-121433-8-6 |
Sinopse
Unha rigorosa e longa investigación en arquivos e documentos persoais de todo o mundo para rescatar a figura excepcional de Alejadro Viana.
Roberto Mera indaga na historia do seu tío-bisavó, destacado empresario e político da área de Vigo, especialmente despois de 1939, cando está encargado da sección de Emigración do Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles en Francia.
Alejandro Viana foi responsable directo da evacuación a países de América de case 17.000 persoas refuxiadas e arriscou a súa propia vida para conseguir sacar persoas até o final, cunha Francia xa ocupada pola Alemana nazi.
O libro é a exposición resumida, e de lectura fácil e apaixoante, dunha investigación de gran volume que conseguiu reunir documentación diversa, a través da cal asistimos á gran xesta do goberno republicano de Negrín para organizar a saída dos milleiros de españois que fuxiran a Francia tras a caída de Catalunya.
Unha personaxe que debera ser recoñecida a nivel internacional como gran benefector da Humanidade.