

Fígulus Ámboa 400 ml
OLARÍA
Ed./Marca: Fígulus
Ámboa.
400 ml aprox.
Peza artesanal de olaría tradicional de Gundivós, elaborada a man polo taller "Figulus", de Otilia e Tomás, "oleiros da Ribeira Sacra", en Corvelle, na parroquia de Proendos.
Esta forma tradicional usábase para conter líquidos ou cereais. Neste caso, é unha peza de pequenas dimensións, decorativa, exemplo desta forma tradicional para conter viño ou vinagre, cunha billa na parte inferior.
O interior impermeabilízase con resina de piñeiro, aplicándoa namentres se afuma con lume de carpazas, adquirindo nese proceso o color negro, que non é do tipo de cocción.
Peza única dunha das cerámicas con métodos de elaboración máis antigos: realizada en torno baixo accionado de xeito manual.